lunes, 14 de abril de 2008

Tristán García

Este Tristán do que conto nunca soubo por que lle puxeran este nome no sacramento do bautismo, nin coñecía ningúen que se chamase como el.

Un tío de seu que traballaba como camareiro nun restaurante moi famoso de Lisboia, dicíalle que en Portugal coñecía dous ou tres cabaleiros dese nome, e que todos eles eran ricos. Tristán foi cumprir o servizo militar a León, e alí, un día, nun quiosco, mercou por dous reais "La verdadera historia de los amantes de Tristán e Isolda", cos namorados moi abrazados na portada do folletín. Ao fin ía saber quen fora aquel Tristán cuxo nome levaba. Cando chegou ao final da historia, coa morte de ambos os dous namorados, Tristán García verqueu unhas bágoas. E dende aquela deu en matinar que andando polo mundo atopaba unha muller chamada Isolda, e gustábanse, e facíanse noivos, e casabánse, e vivían moi felices en Viana do Bolo, de onde Tristán era natural. A todos os seus compañeiros do Rexemento de Burgos 38, preguntáballes se por un casual habería no seu lugar unha rapaza que se chamase Isolda. Non a había. Había algunha Isolina solta, pero Isolina non era o mesmo que Isolda. Tristán doíase de non dar con esa Isolda porque se non a atopaba agora en León, onde había tanta familia, non a ía atopar en Viana do Bolo, traballando na terra. Un día mandouno chamar un sarxento chamado Recuero.

- Ti es ese que anda coa teima de atopar unha muller que se chame Isolda?
- Si, señor.
- Pois en Venta de Baños hai unha viúva dese nome.
- Nova ou vella?
- Que sei eu! Coido que é churreira...

Tanto tiña metida no seu maxín o noso Tristán a novela famosa, que non puido dubidar que aquela Isolda de Venta de Baños fose nova e fermosa. En todo caso, se era vella, tería unha filla ou unha sobriña que a seguise no nome, e se era churreira como ela podía seguir co negocio en Ourense ou en Viana, onde xa era hora que deran nos bares chocolate con churros. Tivo Tristán un permiso, e cos vinte pesos que tiña aforrados tomou en León o tren para Venta de Baños. Xa naquel empalme preguntou pola churrería da Isolda. Estaba a churrería preto da estación. E a señora Isolda era aquela que estaba envolvéndolle uns churros a un señor cura. Era unha velliña co cabelo branco, fermosos ollos negros, a pel tersa, as mans moi graciosas pondo os churros no papel de estraza e esparexendo o azucre por derriba deles. Tristán dubidou entre falarlle ou non, pro xa levaba gastadas corenta e sete pesetas no billete de ida e volta.

- ¡Bos días! ¿Vostede é a señora Isolda?
- ¡Servidora!, respondeulle a velliña, sorríndolle.
- ¡É que eu son Tristán e viña a coñecela!

A velliña pechou os ollos, e agarrouse ao amosador para non caír. Bágoas rodaban polas súas meixelas.

- ¡Tristán! ¡Tristán querido!, puido dicir ao fin. ¡Toda a miña mocidade agardando a coñecer un mozo que se chamase Tristán! ¡E como non viña, casei cun tal Ismael, que era de Madrid!

Tristán saudou militarmente, e devagar volveuse á estación a agardar o primeiro tren para León. Cando este chegou e Tristán subía ai vagón de terceira, apareceu a señora Isolda, cun paquete de churros. Deullo a Tristán e bicoulle a man. Non se non dixeron nada.

Cousas así só pasan nos grandes amores .

Álvaro Cunqueiro, de Os outors feirantes.

***

Ahora que releo este cuento me acuerdo de un amigo que en su día me dijo sólo creer en el amor con minuscula, "el otro es solo una quimera, falla en algún sitio". Casualmente creo que es una de las personas que más necesita, reniega, odia y se apasiona con eso que llaman amor, y menos mal que para él solo es en minúscula... o no, tampoco le conozco tanto.
Yo, como también me recomendó, ahora que puedo, me engaño con quien quiero, y le quiero tanto que quiero seguir engañada día tras día.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O Amor com maiusculas tambem existe, mas case sempre so em filmes e livros, de todas formas, ir buscando-o já é suficiente.

godsfork dijo...

pues a engañarse y seguir queriendo. Digo yo